CAMPEONS DE LIGA LOCAL DE SILLEDA 2010




HISTORIA DO EQUIPO

Este equipo comeza a sua andadura na liga local de Silleda no ano 2005. Esa tempada, que era a 2005-2006, o equipo comezou co nome de DOMAFRI FS (Transportes Dominguez, Neumáticos Manolo e Frigorificos Bandeira). Aquel plantel de ensoño formábano: Alberto, Carlinhos, Paul Scholes, Rifle, Vanfli, Paquinho, Santi, Antoniño, Gharru e Jota.  Aquela tempada o equipo converteuse na revelación. A pesar de que as arbitraxes non os beneficiaban en nada, logrou acadalo 2º posto na Liga e gañala Copa contra todo pronóstico; nunha final moi polémica, o equipo rival tiña que ter varios xogadores expulsados, pero foi o equipo de Domafri o que tivo que xogar os últimos minutos de aquel  partido con un xogador menos. ERA O 1ª TITULO.

A tempada 2006-2007  comezou DOMAFRI FS cun plantel algo renovado, co obxetivo de volver a gañar algun titulo. O equipo de este ano non puido contar con Paul Scholes, Gharru, Alberto, Antoniño e Santi, que causaron baixa por diversos motivos. Pero o plantel non os botou de menos a nivel deportivo porque para cubrir eses postos, ficharonse a grandes xogadores como son Juse, Fonso, Lodeiro e o porteiro "Internacional". Esta foi sen dúbida a mellor tempada ata o momento de este gran "equipo", sairon campions de Liga e Copa con unha momumental diferencia sobre os seus rivais. Sumaban asi dous novos titulos o seu palmares, 3 GAÑADOS de 4 disputados.

Tempada 2007-2008, novo sponsor, novos xogadores, novo ciclo. Este equipo non podia perder a sua competitividade. HOTEL AMERICA era o novo patrocinador do equipo. O primerio obxetivo era ter un plantel amplio e cumplidor para darlle máis calidade o equipo. Conseguiuse tanto a nivel deportivo como personal. Este ano so causaron baixas no plantel Jota e o porteiro "Internacional". Volvia o gran Alberto a porteria, volvia tamén o gran Gharru para organizar o xogo. E a parte ficharonse xogadores xa consagrados como son Salgue, Serginho e Jova; pero a gran fichaxe de este ano, foi sen dúbida algunha o "astro" nauta chegado dende Cervanha, Diego Sousa "Barbantinho". Foi un ano compricado, habia máis nivel e un rival a batir, Hotel America. A pesar de todo, o equipo dou a cara e logrou facer historia, volvia a gañar Liga e Copa por 2º ano consecutivo. Increible, 5 TITULOS GAÑADOS de 6 disputados.

XL, seria o nome do equipo para a tempada 2008-2009. De esta tempada só se pode decir unha palabra, FRACASO. Cansados de gañar, por decilo de algunha maneira, este equipo non ia a participar este ano na competición, foi decisión de última hora e como todos ben sabemos, as presas non son boas. Dúas baixas, Alberto e Juse. Tres altas, Mariño, Rebolo e Chucky. Foi un ano moi difícil, porque a pesar de ser 14 no plantel, houbo partidos que hasta se empezou con 4 xogadores, vergonzoso. Plantilla demasiado amplia, pouco cumplidores, o final, 2º na Liga, que ten o seu mérito despois de como transcurreu todo, e semifinalistas da Copa. Para un equipo que aspiraba a gañar todo por 3º ano consecutivo é unha DECEPCIÓN.